AGEA > Actividades Somos unha asociación aberta a todo tipo de actividades relacionadas coa esgrima antiga.
Nos nosos adestramentos estamos un pouco mais centrados no estudio da espada ropeira, soa ou combinandoa coa daga de man esquerda, e a espada de man e media ou tamén chamada bastarda, pero iso non impide que empreguemos outras armas para experimentar e adquirir novos coñecimentos.
Ademais, moitos de nos no só practicamos a esgrima, senón que unha gran parte dos nosos membros estan interesados na recreación histórica e na participación en eventos deste tipo, asi como na organización e na participación en cursiños, torneos…
En definitiva, o que nos ilusiona de verdade e poder difundir este arte marcial ao longo e ancho do noso territorio galego.