Asociación Galega de Esgrima Antiga

 
hu es en AGEA > Historia

Historia

Somos unha asociación de esgrima antiga fundada a finais do ano 2006, cando a ilusión dun grupo de interesados nas artes marciais occidentais e a esgrima levounos a crear un grupo de esgrima antiga na cidade de A Coruña.

Por aquel enton, alguns tiradores de esgrima deportiva xa levavamos algun tempo experimentando e aprendendo gracias aos tratados de esgrima antiga e a comunicación con outros grupos de maior experiencia dentro do panorama español, e pouco a pouco, co paso do tempo, fomos medrando tanto en número de practicantes coma de afeccionados  na cidade e no territorio galego.

Ademais, o noso interese extendese polos diversos aspectos culturais que configuraban a vida na Idade Media, no Renacimento e no Barroco; somos unha asociación moi aberta con un grupo de xente moi heteroxeneo, o cal posue diversos intereses, ainda que a todos nos une un factor común: as gañas de facer cousas. Deste xeito, ainda que a nosa asociación se centra no estudio da esgrima e na organización de eventos que promovan a difusión e a aprendizaxe da mesma, moitos dos nosos membros tamén estan interesados na recreación histórica, no coñecimento das armas usadas no pasado e nos diferentes aspectos que marcaban a vida das xentes daquel tempo: musica, gastronomía…


Powered by CMSimple webmaster@agea.tk Última actualización: November 25. 2009 22:06:55